Procambarus clarkii

Información




Descarga o arquivo

Métodos de control

Os métodos de control empregados na Universidade de Vigo para o control desta especie non implican ningún risco de contaminación química e tampouco supoñen un risco para outras especies. No ano 2009 tentouse a pesca eléctrica na lagoa de Filoloxía-Deportes, coa colaboración da Xunta de Galicia. Os resultados non foron os esperados, polo que a partir de entón séguense a coloar trampas (nasas) que son atendidas e retiradas manualmente polo persoal da OMA (Oficina de Medio Ambiente). Este método implica un labor importante por parte das persoas encargadas da retirada manual, pero tamén é moi eficiente.

Por todo isto, e para poder mellorar a calidade do control e da erradicación desta especie, dende a OMA activouse un programa de voluntariado para este seguimento e control.