Catálogo de Fauna e Flora no Campus de Pontevedra

Nestas páxinas podedes obter información sobre a diversidade biolóxica dos campus da nosa universidade. Nas listaxes de cada grupo taxonómico só tedes que premer nos enlaces de cada especie para coñecer os detalles da súa bioloxía e ver algunha ilustración.

Presentamos un inventario de biodiversidade do campus de Pontevedra e da illa das Esculturas de 167 especies, das cales: 25 árbores autóctonas e 32 árbores ornamentais, 2 fentos, 41 herbáceas, 1 alga, 3 briófitos, 10 fungos, 26 liques, 23 aves e 4 bolboretas. Este inventario supón unha primeira aproximación á biodiversidade global deste espazo.

Paulatinamente iremos actualizando os seus contidos, ao tempo que vaiamos completando a información dispoñible sobre os diferentes grupos animais e vexetais.

Flora

Fauna