Rutas polo Campus de Ourense

No Campus das Lagoas, en Ourense, creouse no ano 2007 a Ruta das Árbores. Trátase dun percurso auto-guiado para dar a coñecer a grande variedade de especies de árbores presentes neste campus, algunhas consideradas senlleiras polo seu porte ou idade. Na ruta atoparedes 25 especies diferentes sinalizadas cun cartel no que se indica o seu nome, orixe, distribución, bioloxía e usos polo home.

Convidámosvos a percorrer este itinerario no que poderedes descubrir a riqueza botánica que agocha o campus ourensán.

Tamén pódese solicitar que o percurso sexa guiado polo persoal da OMA, poñéndovos en contacto cos técnicos da OMA en Ourense no teléfono 988 387314 ou no correo electrónico omaou@uvigo.es.

Lembrade traer roupa e calzado axeitado ás condicións climatolóxicas previstas.




Descarga a Guía das árbores do Campus de Ourense

Descarga as Fichas das árbores do Campus de Ourense