Calidade Ambiental: ISO 14.001

A Universidade de Vigo (UVIGO) comezou en xuño de 2010 coa valoración e fases previas de diagnóstico para a implantación dun sistema de xestión ambiental (SXA) co fin de certificalo baixo a norma UNE-EN ISO 14001:2004. O alcance deste sistema abrangue os centros dos servizos de Deportes e Bibliotecas Centrais en cada un dos campus da UVIGO (Vigo, Ourense e Pontevedra).

Unha vez elaborada toda a documentación do SXA (diagnósticos, manual, procedementos, instrucións, anexos, formatos e rexistros), comezou a implantación do SXA a principios de maio de 2011 (02/05/2011).

Conseguida a implantación do sistema, e tras un tempo de funcionamento e comprobación en tódolos centros dentro do alcance, contanctouse coa entidade certificadora Aenor quen, tralas oportunas auditorías, emitiu os correspondentes certificados que constatan a súa correcta implantación:

Para o Servizo de Deportes: GA-2012/0265 emitido o 13/07/2012 e válido ata o 13/07/2015
Para o Servizo de Bibliotecas Centrais: GA-2012/0312 emitido o 04/09/2012 e válido ata o 04/09/2015 [Noticia no DUVI: 15/10/2012]

As fases que se acometeron para o proxecto de implantación foron:

  • Presentación do proxecto aos directores e responsables dos servizos dentro do alcance do SXA (Deportes e Bibliotecas Centrais).

  • Elaboración dos diagnósticos ambientais iniciais por separado para cada un dos servizos considerados.

  • Elaboración, revisión e aprobación da Política Ambiental da UVIGO.

  • Elaboración da documentación do SXA (manual, procedementos, instrucións, anexos e formatos).

  • Cubrir os formatos dando lugar aos rexistros correspondentes (destácanse a continuación os relacionados cos Plans de actuación ante emerxencias ambientais, que implican coñecemento directo de todo o persoal implicado nos servizos dentro do alcance do SXA):


· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante derrame/vertido/fuga substancia perigosa.

· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante incendio.

· PMA-08_RF-01_Ed01: Plan de actuación ante explosión depósito combustible.

· Ficha de seguridade (FDS) do gaslóleo C.

No curso 2012-2013 realizouse un estudo como 1ª aproximación para o coñecemento do "estado da xestión ambiental" do edificio da Xerencia e da Reitoría do campus de Vigo, a modo de diagnóstico ambiental ou revisión inicial previa, análoga á que esixen as certificacións ambientais para este tipo de sistemas. Asemade, o estudo abarca un traballo de recompilación e análise dos sistemas de xestión ambiental nas universidades españolas no ano 2013:

Sistemas de Gestión Ambiental en las Universidades Españolas, Rut Abraín Sánchez (bolseira OMA 2012-2013)