Plan de Mobilidade

O Plan de Mobilidade nace no marco do Plan SuMA (Plan de Sustentabilidade e Medio Ambiente) co fin de avaliar as características dos medios de transporte e as súas tipoloxías, dende os hábitos sociais ata as comunicacións viarias, permitindo, deste xeito, establecer medidas e accións de mellora co fin de ter un transporte cada vez máis ssostible, é dicir, un transporte duradeiro e fiable dende o punto de vista económico, financeiro e institucional; que sexa respectuoso co medio e que consiga reducir, na medida do posible, as emisións derivadas destas actividades, tendo en conta os intereses dos universitarios.

A diversidade tipolóxica dos nosos campus dificulta unha presentación xeral do problema relacionado co transporte. A existencia de campus urbanos e periféricos recomenda un estudo específico para cada caso.

Non obstante, o Programa de Mobilidade Sostible desenvolverase no sentido de análise do transporte próximo (público e privado) e dos aparcadoiros, mediante a consideración das dúas perspectivas: a do campus urbano e a do campus afastado. Neste programa tamén se considerarán os estudos e iniciativas tendentes á redución do uso do transporte privado individual en beneficio do público ou múltiple, á utilización doutros medios, cando sexa viable, e a calquera outra medida de redución da contaminación.

Documentos

Descarga o tríptico do plan de Mobilidade Sostible

Descarga o tríptico 'Economía do transporte'

Descarga o tríptico de 'Seguridade viaria'

Accede aos Programas do Plan (Web do Plan Suma)