Eficiencia Enerxética

O Plan de de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética nace no marco do Plan SuMA (Plan de Sustentabilidade e Medio Ambiente) co fin de avaliar os edificios da Universidade de Vigo e promover a sostibilidade dos mesmos.

Este plan consta de dous subprogramas: o subprograma de eficiencia enerxética nas edificacións, co que se pretende mellorar a categoría enerxética das mesmas, e o subprograma de implantación de enerxías renovables nas edificacións, co que se promove a instalación de enerxía limpa na universidade.

Accede aos Programas do Plan (Web do Plan SuMA)