Resto do Lixo

Que debo depositar?

  • Restos orgánicos, sobras de comida, cascas de ovo, froitos secos e froitas, follas, restos vexetais (roza/poda) e madeira de pequeno tamaño, cabelo e uñas, papel manchado, etc.
  • Filtros e pousos de té ou café.
  • Pan duro, cereais ou galletas pasadas, especias caducadas.
  • Produtos elaborados con materiais orgánicos (escarva-dentes, mistos, etc.).
  • Papel de cociña sucio, algodón usado, fíos e pelusas.
  • Cueiros, compresas, panos de mesa, panos de man, etc.
  • Nos concellos que non teñen separación de residuos orgánicos, o colector de lixo xeral inclúe os residuos orgánicos e o resto de residuos que non se poden incluír nos outros tipos de colectores, e que non constitúan residuos perigosos nin grandes vultos de trastos e enseres, nin tampouco residuos especiais como animais grandes ou entullos.

Que non debo depositar?

  • Grandes vultos, electrodomésticos, mobles, etc. [Concertar co concello unha recollida puntual].
  • Restos vexetais de gran tamaño [Concertar co concello unha recollida puntual].
  • Residuos de obra, construción ou demolición: entullos/rebos/cascallos [Concertar unha recollida específica cunha empresa autorizada].
  • Residuos nocivos ou perigosos (latas de pinturas, vernices, pilas, colas, etc.) [Consultar co concello onde hai un punto limpo].
  • Animais de gran tamaño (ovellas, cans, etc.) [Consultar co concello ou cun veterinario].
  • Aceite de cociña.