Incompatibilidades de Residuos Perigosos

Á hora de manexar substancias químicas é moi importante ter en conta as incompatibilidades entre estas á hora de mesturalas, xa que existen moitas interaccións que poden dar lugar a emisións de vapores perigosos, reaccións exotérmicas, salpicaduras e mesmo explosións.

É por isto que se deben ter en conta polo menos unha serie de incompatibilidades xerais:

  • Ácidos fortes con bases fortes.
  • Ácidos fortes con ácidos débiles que desprendan gases tóxicos.
  • Oxidantes con redutores.
  • Auga con amidas, boranos, anhídridos, carburos, triclorosilanos, haluros, haluros de ácido, hidruros, isocianatos, metais alcalinos, peróxido de fósforo e reactivos de Grignard.

Compostos que reaccionan fortemente coa auga:

  • Ácidos fortes anhidros
  • Alquilmetais e metaloides
  • Amiduros
  • Anhídridos
  • Carburos
  • Flúor
  • Haloxenuros de ácido
  • Haloxenuros de acilo
  • Haloxenuros inorgánicos anhídridos (agás alcalinos)
  • Hidróxidos alcalinos
  • Hidruros
  • Imiduros
  • Metais alcalinos
  • Óxidos alcalinos
  • Peróxidos inorgánicos
  • Fosfuros
  • Siliciuros
  • Calcio
  • Magnesio

Dentro do grupo de substancias que poden sufrir unha evolución (exemplo a formación de peróxidos que, en certos casos, poden explosionar violentamente), están:

  • Éteres
  • Compostos isopropílicos
  • Compostos alílicos
  • Haloalquenos
  • Compostos vinílicos
  • Compostos diénicos
  • Compostos vinilacetilénicos
  • Cumeno, ureas, lactamas
  • 2-Butanol, metilisobutilcetona