Sapoconcho da Florida

Orixe

O Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans) é unha especie endémica do sureste de Estados Unidos e do Norte de México. A súa presenza na península e en Galicia débese a liberacións ilegais e fugas de mascotas que se foron producindo dende a segunda metade do século XX.

Problemática

O sapoconcho da Florida trae consigo importantes problemas para os ecosistemas autóctonos nos que se asenta. O principal problema destas tartarugas é o desprazamento de tartarugas autóctonas debido a tres caracterísicas principais. En primeiro lugar, esta especie reprodúcese con máis facilidade e ademáis é máis agresiva e pode alcanzar un maior tamaño. En segundo lugar, estas tartarugas teñen unha dieta máis variada polo que a súa supervivencia é máis sinxela cando hai escasez dalgún recusos. Por último, esta especie exótica e un vector de transmisión de parásitos capaces de infectar outras especies.

Control

Se se produce algún avistamento de Sapoconchos da Florida na Universidade de Vigo é importantísimo contactar coa Oficina de Medio Ambiente. Dende alí, os técnicos cualificados procederán á súa captura para buscarlles un lugar máis axeitado para vivir.

Vexetación Invasora no Campus de Vigo

Fauna Invasora no Campus de Vigo