Minas de Auga

As minas de auga son fendeduras cavadas no terreo co fin de abrir fontes naturais. No Campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo temos varias destas minas que, ademais de proporcionar auga de manancial, son dos poucos elementos singulares que aínda conservamos. No plano biolóxico as minas funcionan como refuxio de certas especies que precisan da presenza continua de auga ou que se desenvolven mellor en ambientes frescos e sombreados.

Ata o momento actuouse en dúas minas de auga situadas por baixo da Biblioteca Central.

No ano 1999 realizáronse unha serie de traballos de protección das minas de auga consistentes na limpeza de residuos sólidos, eliminación de vexetación exótica, consolidación de noiros, plantación de especies autóctonas propias destes hábitats e instalación dun valado de madeira.

No ano 2000 reforzáronse as plantacións anteriores con árbores (bidueiros, ameneiros e salgueiros) que foron transplantadas dende a zona afectada pola construción do vial sur de circunvalación.

Nas seguintes fotos podedes observar os primeiros traballos efectuados nas minas.

No ano 2004 realizouse unha nova limpeza de residuos e maleza, e instalouse un novo valado de madeira mais resistente que o anterior. Ademais podáronse as árbores existentes e plantáronse algúns acivros e fentos.