Lagoa de Filoloxía

O conxunto formado pola lagoa e os seus arredores constitúe un dos espazos de maior valor natural do campus de Vigo. Nesta zona atopamos unha variedade de hábitats seminaturais cun estado de conservación aceptable, integrados nun medio axardinado cos seus propios valores. Entre as características biolóxicas e ecolóxicas salientamos:

  • A comunidade de anfibios, pola súa diversidade e abundancia. A zona húmida é moi importante para as poboacións de anfibios dunha extensa área ao ser empregada como lugar de desove.
  • A vexetación acuática natural, particular deste punto.
  • Certas especies ornamentais de interese.


As obras do proxecto "Cidade Universitaria" contemplan a ampliación e urbanización parcial da lagoa polo que existe un grave risco de que se produza unha considerable degradación ou perda dos seus valores naturais.

Para evitar ou minimizar o impacto negativo que a realización do devandito proxecto poida conlevar, a OMA realizou unha serie de recomendacións e estableceu unhas directrices de manexo que, tralas necesarias negociacións, foron aceptadas polos arquitectos responsables da obra.

Entre as directrices establecidas destacan:

  • Zona valada de exclusión de maquinaria.
  • Gabia de protección para desviar escorrentías.
  • Prohibición de labores de mantemento de maquinaria.
  • Protección dos exemplares de Taxodium distichum.
  • Separación de terra, por medio dun dique temporal, para as obras da ampliación lagoa.

  • Construción dun paso para anfibios no vial sur de circunvalación.



Antes do comezo das obras procedeuse a transplantar nove bidueiros e un castiñeiro aos claustros da Facultade de Dereito Económico e aos xardíns da Facultade de Filoloxía e Tradución.


Marzo 2000


Xullo 2001
Obras de ampliación e urbanización parcial
incluídas no proxecto "Cidade Universitaria"


Novembro 2004

Exemplares salvaxes de lavanco (Anas platyrhynchos) na lagoa; unha opción máis seria e responsable cá introdución de parrulos domésticos, moitos deles de especies exóticas que poden causar graves alteracións nestes ecosistemas:


A garza real (Ardea cinerea) é outro dos visitantes habituais da lagoa: