Lagoa de Ciencias

No ano 2000 a OMA comezou a construción dunha lagoa por baixo da Facultade de Ciencias do Campus de Vigo. Esta lagoa construíuse cos seguintes obxectivos xerais:

  • Crear un novo hábitat de elevado valor natural
  • Control hidrolóxico das augas de escorrentía
  • Filtro biolóxico da contaminación difusa


Dende o comezo dos traballos ata o momento realizaronse diversos traballos de restauración, revexetación e mantemento. Na seguinte escolma de fotografías podedes observar a evolución da lagoa dende a súa creación.


Xuño de 2000:
situación previa da zona e traballos de planificación e
marcaxe do perímetro e das zonas con diferentes profundidades.

28/06/200028/06/2000


Xullo de 2000:
comezan os traballos de excavación do vaso e
constrúense as comportas de desaugue. A lagoa comeza a encherse.

13/07/200027/07/200023/08/2000


Abril de 2001:
construción dun muro de contención para protexer,
das enchentes do inverno, a pista de terra que se atopa a carón da lagoa.

17/04/200124/08/2001


Xullo de 2002:
limpeza do sedimento acumulado e ampliación da lagoa
deixando no interior 3 illas con salgueiros.

14/06/200223/07/200212/05/2003


Outubro de 2004:
a topografía e as numerosas obras existentes no campus provocan
a rápida colmatación da lagoa, polo que se fai necesario limpar novamente o sedimento acumulado.

30/09/200415/10/2004


Maio de 2005:
Estado da Lagoa