Inicio

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo promove a sensibilización e educación ambiental a partires de programas educativos, itinerarios ambientais e outros labores semellantes.

Dende os seus inicios, a plantexa a Educación Ambiental como un dos puntos principais das súas labores. Para elo, dende a OMA organízanse diferentes actividades que promoven a concienciación e a sensibilización.

En primeiro lugar, unha das actividades máis recurrentes é a realización de rutas ambientais polo campus de Vigo para os nenos e as nenas dos colexios que así o soliciten. Estas rutas están pensadas para convivir coa naturaleza nun entorno propicio para elo. En segundo lugar, dende a OMA plantéxanse rutas polo campus de Vigo e polo campus de Ourense co fin de que calquera persoa interesada poda realizalas. En terceiro lugar, a OMA leva a cabo campañas específicas de concienciación e sensibilización nas que trata de involucrar a maior cantidade de xente posible. Para lograr este fin, a OMA organiza diversos eventos ao largo do ano tendo en mente as celebracións anuais relacionadas coa sostibilidade e a natureza.